ORIENTACIÓNS E CONSELLOS PARA A RECUPERACIÓN FINAL

Recorda que se so tes un parcial suspenso, deberás facer a recuperación dese trimestre. No caso de ter dous ou máis trimestres suspensos, deberás realizar unha proba global.

 

Recuperacións dun trimestre: temas a estudar

PRIMEIRA AVALIACIÓN: Grecia

SEGUNDA AVALIACIÓN: Roma, Bizancio, Prerrománico, Románico e Gótico

TERCEIRA AVALIACIÓN: Renacemento, Barroco, Goya, século XIX e século XX.

 

Recuperación global:

Con vistas á proba global, deberás facer un exame baseado nos modelos empregados ao longo do curso.

O modelo de exame seguirá as seguintes pautas, tanto para as recuperacións parciais como para a proba global:

-Dúas opcións a escoller.

-Nun apartado, tres láminas de obras artísticas a elixir dúas por cada unha das opcións.

Cualificación deste apartado: ata 8 puntos polas dúas láminas escollidas  (1 punto pola “identificación”, é dicir pola clasificación de autor, nome da obra, estilo e cronoloxía; outro punto polo “contexto histórico”, e outros dous puntos polo apartado de análise e comentario).

-No segundo apartado da proba escrita, oito preguntas de vocabulario a escoller catro que se repetirían nas dúas opcións (0,50 por cada un deles). 

 

Deja un comentario

Blog de WordPress.com.

Subir ↑