ACTIVIDADE VOLUNTARIA: «CANCIÓNS SOBRE ANDY WARHOL»

Curiosamente, as industrias creativas necesítanse unhas das outras: a pintura alimenta á música e a música aliméntase da arte. O vínculo entre música pop e arte pop é moi forte e evidente.

Nesta tarefa debes seguir estes puntos no guión de traballo:

Primeiro, debes xustificar por que escolliches esta tarefa (o teu interese polo tema…)

En segundo lugar, debes explicar, brevemente, a importancia de cada solista ou grupo musical deste listado.

Terceiro, indicar se coñecías cada un dos temas propostos, valoralos persoalmente e comentar que relación ten cada tema musical co mundo da Pop Art, sobre todo, analizando as imaxes e as letras das cancións.

Por último, procura buscar e engadir outros exemplos de artistas e cancións influenciados pola figura de Warhol, distintos aos desta tarefa.

Non esquezas enviar os teus comentarios a: afachadoestevez@gmail.com

 

Andy Warhol e o universo musical:

Warhol foi, certamente, un dos maiores artistas pictóricos do século XX. Pero ademais de crear algunhas das obras de arte máis icónicas, o seu traballo influíu na cultura Pop xeral, especialmente, na música. Warhol creou álbumes e portadas para artistas como The Rolling Stones, Aretha Franklin, Diana Ross, John Lennon ou Miguel Bosé.

Andy Warhol Musica Pop

 

The Rolling Stones Andy Warhol

 

O que moita xente non sabe é que o propio Andy Warhol tamén foi o empresario e mánager da banda The Velvet Underground, entre cuxos membros estaba Lou Reed. De feito, cando Warhol faleceu, Lou Reed e John Cale decidiron facerlle un album enteiro, adicado á súa memoria.

 

Velvet Underground Andy Warhol

 

The Velvet Underground, Nico  «Sunday Morning» (1967):

 

David Bowie  «Andy Warhol» (1971):

 

Transvision Vamp «Andy Warhol´s dead» (1988):

The Dandy Warhols  «Bohemian like you» (2000):

 

Alkaline Trio «I wanna be a  Warhol» (2013):

 

Capaz «Andy Warhol»  (2015):

 

Robin Williams «Andy Warhol»  (2017):

 

Deja un comentario

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

Subir ↑